Culleredo ofrece aos seus escolares unha formación ornitolóxica

ACoruñaXa
O Concello retoma a formación ornitolóxica para os escolares do os CEIP Ría do Burgo, Vila de Rutis e Sofía Casanova
Imaxe dos escolares durante a visita ornitolóxica
12 Abr 2024

O Concello de Culleredo retomou este venres, 12 de abril, a formación ornitolóxica 'Por que voan as aves?', dentro do programa EducaCulleredo, para os escolares dos CEIP Ría do Burgo, Vila de Rutis e Sofía Casanova.

Esta actividade quedara posposta en decembro debido ás malas condicións meteorolóxicas. En total, 115 nenas e nenos de 5º de Educación Primaria déronse cita no Xardín Botánico e o Paseo Marítimo onte, hoxe e o vindeiro martes, de 10.00 a 13.00 horas en todas as sesións.

O obxectivo principal é coñecer o mundo das aves, desenvolver competencias relacionadas coa observación e o uso da óptica e do caderno de campo e desenvolver competencias científicas para o estudo e a conservación do medio natural.

Durante a visista, os rapaces e rapazas puideron familiarizarse con especies como o carrizo (phragmites australis), o carboeiro común (parus major), o herrerillo (cyanistes caeruleus), a garcilla (bubulcus ibis), o ánade real (anas platyrhynchos) ou o andarrío mozo (actitis hypoleucos). Tamén con conceptos como os fluxos migratorios, os tipos de niño ou a alimentación, resolvendo todas as dúbidas dos e as presentes.

0.18023586273193