Culleredo mellora a senda do Rego das Xesteiras cunha limpeza integral para favorecer o seu uso

ACoruñaXa
O Concello retira maleza e obstáculos do percorrido e proxecta renovar a sinalización da ruta en Celas
Limpieza-Rego-das-Xesteiras-Culleredo
20 Jul 2025

O Concello de Culleredo vén de realizar unha intervención de limpeza e acondicionamento na senda do Rego das Xesteiras, coa finalidade de mellorar a súa accesibilidade e fomentar o seu uso por parte da veciñanza.

Os traballos foron executados polo servizo de mantemento de zonas verdes, unha das prestacións incluídas no novo contrato municipal que xa está plenamente operativo.

Durante as últimas semanas, os operarios encargáronse de limpar o percorrido eliminando a maleza acumulada, así como de retirar elementos que obstaculizaban o paso, como troncos e pólas, co obxectivo de deixar o camiño libre para os peóns.

Ademais destas tarefas, o Concello está a preparar un proxecto para renovar a sinalización da ruta, xa que os actuais elementos de orientación e información presentan un notable deterioro polo paso do tempo.

A senda do Rego das Xesteiras, situada na parroquia de Celas, é unha das máis destacadas do termo municipal. O seu trazado discorre paralelo ao río e conta cun importante valor patrimonial, ao incluír varios muíños tradicionais ao longo do percorrido.

⚙ Configurar cookies
0.11376690864563