Culleredo mantén o apoio á veciñanza de Ledoño para conservar a rotonda

ACoruñaXa
O Concello considera a glorieta da AC-523 unha infraestrutura esencial para a seguridade viaria
CULLEREDO rioboo reunion veciños glorieta ledoño
19 Aug 2025

O Concello de Culleredo reuniuse coa plataforma veciñal de Ledoño no Salón de Plenos para abordar a defensa da rotonda situada na AC-523, xunto á estrada de Rumbo. O alcalde, José Ramón Rioboo, acompañado da corporación municipal, comprometeuse a seguir apoiando aos veciños nesta reivindicación.

Rioboo destacou que non existe motivo legal para a súa eliminación e subliñou que a glorieta é unha medida disuasoria da velocidade e, polo tanto, unha garantía de seguridade tanto para residentes como para usuarios da vía. Recordou que a demolición prevista o 18 de agosto foi freada grazas á presión veciñal e institucional.

O rexedor avanzou que o próximo 2 de setembro manterán unha reunión coa Xunta para coñecer as alternativas en materia de seguridade peonil, tras a cal convocarán un encontro aberto cos veciños para trasladarlles o resultado.

Así mesmo, a plataforma reunirase o 20 de agosto coa Deputación da Coruña, que segundo o alcalde non porá atrancos á permanencia da glorieta. “A nosa obriga é estar ao voso lado, escoitar e traballar en conxunto para garantir a seguridade de todos”, concluíu Rioboo.

⚙ Configurar cookies
0.19299602508545