Culleredo lanza unha nova edición da súa campaña ‘Reis Magos Solidarios’

O Concello de Culleredo, xunto coa ONG Reis Magos de Verdad e Coruña The Style Outlets, pon en marcha unha vez máis a campaña navideña ‘Reis Magos Solidarios’, que ten como obxectivo que todos os nenos e nenas do municipio reciban un agasallo de Reis.
Baixo o lema “Un agasallo, mil ilusións”, a iniciativa convida ás familias participantes a que os pequenos escriban unha carta na que poderán solicitar ata tres xoguetes, cada un cun prezo máximo de 35 euros. Destas opcións, seleccionarase un único regalo que será adquirido polos colaboradores da campaña, respectando sempre os límites económicos para garantir a igualdade entre os participantes.
As persoas interesadas en colaborar, tanto particulares como empresas, poden inscribirse a través dun formulario dispoñible na web do Concello. Os doantes escollen cantas cartas queren apoiar e deberán entregar os agasallos no Centro Municipal de Formación Pablo Picasso, identificados co nome da campaña e do doante.
O prazo para anotarse como colaborador remata o venres 12 de decembro, mentres que os agasallos poderán entregarse ata o 19 de decembro.
Ademais, os participantes que o desexen poden solicitar un selo solidario, un distintivo personalizable con fotografía ou logotipo que pode usarse como etiqueta física ou en formato dixital para difundir a colaboración nas redes sociais.
Para resolver dúbidas ou ampliar información, o Concello habilitou o número de WhatsApp 620 008 450 e o correo electrónico omvol@culleredo.es.