Culleredo lanza un plan formativo de oito cursos para persoas desempregadas con 90 prazas

ACoruñaXa
Máis de 150 horas de formación en hostalaría, emprendemento, ámbito sociosanitario e cualificación laboral
CULLEREDO cursos laboral
21 Oct 2025

O Concello de Culleredo activa un plan de formación preferente para persoas desempregadas e inscritas no Servizo Público de Emprego con oito cursos e 90 prazas, que comezarán en novembro no Centro Municipal de Formación Pablo Picasso. O alcalde, José Ramón Rioboo, subliña que se trata de ‘un novo impulso para a creación de emprego’ mediante accións prácticas en distintas disciplinas que axuden á inserción laboral da cidadanía.

O programa suma 162 horas e estrutúrase en catro ámbitos. Hostalaría: ‘Tapas e Petiscos’ (20 horas, 10 prazas) e ‘Manipulación de alimentos’ (4 horas, 20 prazas). Fomento do emprendemento: ‘Activa a túa idea. Introdución ao emprendemento’ (4 horas, 10 prazas) e ‘Fomento 4.0’ (4 horas, 10 prazas). Sociosanitario: ‘Danos na pel. Prevención de úlceras por presión e lesións cutáneas por humidade’ (20 horas, 10 prazas) e ‘Convivir coa enfermidade do Alzheimer’ (20 horas, 10 prazas). Formación laboral: ‘Manipulación de cargas con carreta elevadora’ (20 horas, 10 prazas) e ‘Operario/a de limpeza industrial’ (50 horas, 10 prazas).

As persoas interesadas poderán inscribirse do 27 ao 31 de outubro a través da páxina web municipal. Segundo o Concello, a oferta combina capacitación técnica inmediata (manipulación de cargas, limpeza industrial ou seguridade e hixiene alimentaria) con competencias para emprender e contidos sociosanitarios orientados á mellora dos coidados, co obxectivo de ampliar as oportunidades de emprego no municipio.

⚙ Configurar cookies
0.072190999984741