Culleredo inaugura o XXIX Festival Internacional Galicreques

ACoruñaXa
O Concello de Culleredo ultima os preparativos para a celebración do XXIX Festival Internacional Galicreques 2024, que se inaugurará este venres 11 de outubro
Galicreques
8 Out 2024
O Concello de Culleredo ultima os preparativos para a celebración do XXIX Festival Internacional Galicreques 2024, que se inaugurará este venres 11 de outubro coa representación da obra ‘Emotivas’, a cargo da compañía Titiritres e dirixida a un público familiar a partir de 3 anos. Será no Auditorio do Edificio de Servizos Múltiples do Burgo a partir das 19:30 horas. As entradas son gratuítas ata completar aforo e non é necesario realizar ningún tipo de reserva previa.
Trátase do primeiro espectáculo da XXIX edición do Festival Internacional Galicreques, que neste 2024 acollerá outras tres representacións, programadas para o venres 18 de outubro, xoves 24 de outubro e venres 25 de outubro. Todas as actuacións serán no Auditorio do Edificio de Servizos Múltiples do Burgo a partir das 19:30 horas. ‘Emotivas’ é unha obra que trata sobre a amizade dos seus protagonistas, Melancolía, Irritación e Seguridade, quen realiza unha viaxe polo mundo dos sentimentos.
0.21074795722961