Culleredo convértese no epicentro galego dos deportes de contacto cunha dobre cita

ACoruñaXa
Os eventos serán o Campionato Galego Ring Sport e a velada ‘Mala Fama Fighters XI’
culleredo-contacto
22 Feb 2025

O Pabillón Ría do Burgo do Concello de Culleredo converterase, este 22 de febreiro, no epicentro galego dos deportes de contacto, cunha programación que inclúe dous eventos distintos. Así, o recinto cullerdense acollerá o Campionato Galego Ring Sport, que se celebrará de 16.00 a 18.00 horas, e a velada ‘Mala Fama Fighters XI’, organizada polo Iago Barros Fight Club a partir das 19.00 horas.

No segundo evento, disputarase un total de 13 combates en disciplinas como kickboxing, K1 ou Muay Thai, cunha variedade de títulos en xogo. Ademais, tamén se realizará un combate de exhibición de kickboxing inclusivo, no que subirá ao ring o cullerdense David Enríquez ‘Deivid Superman’. Está previsto que Enríquez loite sobre as 19.30 horas aproximadamente, aínda que a hora poderá variar en función da duración dos combates previos.

O evento xa ten case todas as localidades vendidas, aínda que quedan algúns billetes dispoñibles que se poderán adquirir no propio recinto.

0.16595196723938