Culleredo celebra o seu primeiro Día da Bicicleta no Paseo de O Burgo con inscricións gratuítas e sorteo de agasallos

Culleredo estrea este domingo o primeiro Día da Bicicleta, unha festa deportiva aberta a todas as idades no Paseo Marítimo de O Burgo, un dos espazos máis frecuentados polas persoas afeccionadas ao exercicio no municipio. A proba, promovida por La Voz de Galicia e Radio Voz e patrocinada por Vegalsa, Eroski e Familia, arrincará ás 12.00 cunha saída desde a explanada xunto á ponte de O Burgo. As inscricións poderán formalizarse no propio punto de saída desde as 11.00, e será obrigatorio o uso de casco. O percorrido realizarase integramente polo paseo, en clave familiar e segura.
A partir das 13.00 celebrarase un sorteo de agasallos entre todas as persoas inscritas —cunha bicicleta, experiencias gastronómicas e outros obsequios— e, ás 13.30, terá lugar unha exhibición de zumba aberta ao público. O dispositivo de seguridade contará coa colaboración de Protección Civil, Policía Local e Garda Civil. A tenente de alcalde e concelleira de Deportes, Cristina Pardo, salientou que a iniciativa busca impulsar a práctica deportiva en Culleredo cunha programación variada, accesible e de calidade que anime a veciñanza a manterse activa e saudable gozando do entorno.