Culleredo celebra o sábado a ‘I Xuntanza dos grupos folclóricos’

ACoruñaXa
Culleredo celebrará este sábado, 1 de xuño, a ‘I Xuntanza dous grupos folclóricos’ no polideportivo de Castro Laxe
Imaxe da A.F. Ancoradoira de Culleredo
30 Maio 2024

Culleredo celebrará este sábado, 1 de xuño, a ‘I Xuntanza dous grupos folclóricos’ no polideportivo de Castro Laxe a partir das 14.00 horas da tarde.

Neste sentido dáranse cita A.C. Catalmibre, Batuxeiros-Xilbardas, Aire e pau, Candongheiras de Vilaboa, As raíñas do lado de… e A.F. Ancoradoira, que organiza a actividade en colaboración co Concello de Culleredo.

Quen así o desexe pode acudir coa súa propia comida e bebida. Unha vez terminado o ágape, comezará a soar a música.

 

0.091514110565186