Culleredo celebra este venres a súa Festa de Nadal para as persoas maiores no polideportivo Ría do Burgo

ACoruñaXa
A cita será de balde, de 17.00 a 20.30 horas, e contará con dúas liñas de autobús gratuítas con saída ás 16.00
CULLEREDO festa nadal
15 Dec 2025

O Concello de Culleredo organiza este venres, 19 de decembro, a tradicional Festa de Nadal dirixida ás persoas maiores do municipio, unha xuntanza xa asentada no calendario local para compartir unha tarde de convivencia nestas datas. A celebración terá lugar no Polideportivo Ría do Burgo entre as 17.00 e as 20.30 horas.

A programación inclúe a actuación da Coral Voces Veteranas de Culleredo, que interpretará panxoliñas para amenizar a festa. A participación é gratuíta.

Para facilitar a asistencia, o Concello habilita tamén un servizo de transporte de balde. As persoas que queiran empregar o autobús deben reservar praza antes do 16 de decembro chamando ao 981 665 597 (de 9.00 a 13.30 horas) e indicando a parada na que desexan subir.

En total poranse dúas rutas, ambas con saída ás 16.00 horas. A primeira sairá de Tabeaio e fará paradas en Castelo, Vinxeira Grande, Vinxeira Pequena, Celas, Peiro de Arriba, Peiro de Abaixo, Sueiro, Casal, Alvedro e O Burgo. A segunda partirá de Boedo e realizará paradas en Bregua, Ledoño, Orro, Tarrío, Liñares, a rotonda do aeroporto, Vilaboa, Corveira e Fonteculler.

⚙ Configurar cookies
0.078603029251099