Culleredo celebra a presentación de dúas obras que honran ás mulleres da tradición musical galega

ACoruñaXa
“Cantareiras” e “Pandeireteiras” chegan este venres a Villa Melania cun acto aberto ao público no que as autoras compartirán inspiración e memoria colectiva
CULLEREDO pandereteira
11 Sep 2025

O vindeiro venres 12 de setembro, ás 18.00 horas, o pazo de Villa Melania, en Vilaboa, converterase en escenario dun encontro cultural promovido polo Concello de Culleredo. A cita servirá para dar a coñecer dúas publicacións que reivindican o papel das mulleres na transmisión da música popular galega: Cantareiras, de Icía Varela e Xosé Manuel Varela, e Pandeireteiras, asinada por Nerea Gómez —residente en Vilaboa— xunto con Icía e Xosé Manuel Varela.

As autoras estarán presentes para relatar a orixe destas obras, o proceso creativo e a súa conexión coa memoria musical das xeracións anteriores. A presentación será tamén un evento musical no que a palabra e o son se entrelazarán para pór en valor un legado que segue a inspirar e emocionar a Galicia de hoxe.

Os dous volumes nacen como unha homenaxe ás cantareiras, protagonistas do Día das Letras Galegas deste ano, e subliñan a súa contribución fundamental na conservación da identidade cultural do país.

⚙ Configurar cookies
0.18012404441833