Culleredo aproba a creación dunha ordenanza para o uso da lingua galega

ACoruñaXa
O Concello de Culleredo elaborará a nova normativa municipal grazas ao voto unánime do pleno a favor da moción do BNG
Imaxe do pleno de xullo en Culleredo
1 Ago 2024

O BNG de Culleredo conseguíu que o pleno aprobase a elaboración dunha ordenanza de uso da lingua galega, co apoio de todos os grupos políticos representados na corporación culleredense. O BNG promoveu o debate e votación desta moción debido á perda de usos da lingua galega que se vén dando no concello de Culleredo, xa que cada vez está tendo menos espazos.

A Lei 5/1997 de administración local de Galicia determina no seu artigo 7 que “O galego, como lingua propia de Galicia, éo tamén da súa Administración local. As convocatorias de sesións, ordes do día, mocións, votos particulares, propostas de acordo, ditames das comisións informativas, actas, notificacións, recursos, escrituras públicas, comparecencias xudiciais e todos os actos de carácter público ou administrativo que se realicen por escrito en nome das Corporacións locais redactaranse en lingua galega”.

Tanto o Estatuto de Autonomía, de 1981, como a Lei de Normalización Lingüística, de 1983, establecían que o galego é a lingua propia de Galiza e obrigan aos poderes públicos a promover e potenciar o seu uso en todos os ámbitos.

Con esta nova ordenanza, o Concello de Culleredo asume a súa responsabilidade no ámbito que lle compete en materia lingüística, tal e como xa fixeron outras administracións moito antes. A nova normativa axudará a normalizar a lingua e a recuperar o seu uso nos ámbitos que foi perdendo na nosa administración local.

0.19708108901978