Culleredo acolleu os trofeos de fútbol afeccionado, vetenaro e fútbol base

ACoruñaXa
O Olímpico venceu na categoría dos máis xóvenes e na de afeccionados
torneo-de-futbol-culleredo
2 Sep 2024

O campo de fútbol de O Carrizo acolleu as finais dos Trofeos de fútbol Concello de Culleredo de fútbol afeccionado, veteranos e fútbol base. O venres disputouse a final do XXV Trofeo de fútbol veteranos Concello de Culleredo, onde se enfrontaban Olímpico de Rutis A e Fontemaior. O resultado foi 3-2 a favor do Fontemaior.

O sábado, tamén no Carrizo, xogáronse os partidos finais do X Trofeo de fútbol base Concello de Culleredo. O partido polo 3.º e 4.º posto entre o Almeiras e o Olímpico de Rutis B rematou con empate 1-1. O 3.º posto foi para o Almeiras que venceu nos penaltis. Así o 4.º posto foi para o Olímpico de Rutis B. A final disputouse entre o Portádego e o Olímpico de Rutis A. Resultaron campións os rapaces do Olímpico de Rutis A cun marcador de 7-0.

Pola tarde, tivo lugar a final do XLV Trofeo de fútbol afeccionado Concello de Culleredo, no mesmo campo entre Portazgo e Olímpico de Rutis A. O local venceu por 2-1.

Entregaron os premios o alcalde, José Ramón Rioboo, a tenente de alcalde e concelleira de Deportes, Cristina Pardo, quen quixo felicitar "a todos os futbolistas por unhas xornadas nas que gañou o deporte e a competición sá". Tamén asistiron ao torneo, o concelleiro de Promoción Económica, Juan Carlos Lovelle, e de Comercio, Mario Iglesias.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18324685096741