Culleredo acollerá unha dobre sesión da comedia A Xuntanza

A comedia A Xuntanza, a cargo da compañía Teatro El Ruiseñor, chega a Culleredo esta fin de semana o 10 e 11 de maio. Será no Conservatorio de Música e contempla unha dobre función, cun primeiro pase programado ás 20.30 horas do día 10 e un segundo ás 19.00 horas do día 11.
A Xuntanza é unha comedia inspirada na obra clásica As Tesmoforias do dramaturgo grego Aristófanes e está escrita e dirixida por Susana Crespo. As entradas estarán á venda ata este venres, 9 de maio, no Xardín Botánico do Burgo, podendo adquirirse en horario de 18.00 a 20.30 horas.