Culleredo acollerá o XLVIII Campionato Galego-Concurso de Canto de Canarios

O Centro Municipal de Formación e Emprego Pablo Picasso de Culleredo será o escenario do XLVIII Campionato Galego-Concurso de Canto de Canarios, que terá lugar o sábado 6 de decembro. Organizado pola Sociedade Coruñesa de Canaricultura co apoio do Concello, este certame celebrarase a porta pechada e centrarse-á en avaliar a calidade e técnica do canto dos canarios participantes.
A entrega de premios realizarase o domingo 7 de decembro a partir das 12:00 horas. Este campionato funciona como preludio do XLVIII Concurso-Exposición Ornitolóxico, que se desenvolverá entre o 15 e o 21 de decembro, evento que atrae cada ano a criadores e afeccionados de toda a comarca e Galicia.
Ademais, durante a exposición ornitolóxica levarase a cabo un Concurso de Debuxo Infantil, cuxos gañadores serán anunciados o día do peche, o 21 de decembro.