Culleredo acolle o IX Encontro de Grupos Tradicionais de Sementeira Cambre Sementeira

A escola Sementeira Cambre Sementeira organiza a IX edición do Encontro de Grupos Tradicionais, que se celebrará o vindeiro sábado, 5 de abril, ás 20.00 horas no Salón de Actos do Conservatorio de Culleredo.
Nesta nova edición, as agrupacións convidadas son As Mariñas de Cambre e Nova Troula de Sada, que ofrecerán unha noite chea de música e baile tradicional galego, dando así continuidade a este evento que cada ano se afianza como unha das citas culturais máis destacadas da zona das Mariñas.
O evento será unha gran velada para disfrutar da riqueza e da tradición da nosa música, onde os asistentes poderán gozar das mellores sonoridades do folclore galego. O cartel deste evento foi creado pola deseñadora Erea Díaz López, que plasmou a esencia deste encontro cultural.