Culleredo acolle este venres a representación teatral 'Punto en boca'

ACoruñaXa
A obra de Raquel G. Crespo ofrécese con entrada de balde e reserva previa no marco do 25N e do VIII Ciclo 'Elas Son Artistas'
CULLEREDO cartel
3 Nov 2025

O Concello de Culleredo acollerá este venres, 7 de novembro, no Auditorio do Edificio de Servizos Múltiples de O Burgo unha nova función da obra 'Punto en boca', creada e interpretada por Raquel G. Crespo. A representación está programada para as 20.30 horas e será de balde, aínda que é necesaria a reserva previa a través do teléfono 981 66 55 97, en horario de 16.00 a 21.00 horas.

A proposta enmárcase na programación especial do Concello con motivo do 25N (Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres) e forma parte do VIII Ciclo Metropolitano de Música e Artes pola Igualdade 'Elas Son Artistas'.

'Punto en boca' conta a historia dunha nena que se fai muller e que, ao iniciar a súa xornada nun taller de costura, emprende unha viaxe íntima entre fíos, teas e lembranzas. Ao longo do día, mentres confecciona unha prenda, vai reconstruíndo a súa identidade. Nesta danza entre pasado e presente tecénse emocións, medos, ledicias e anécdotas que dan forma ao seu relato.

O espectáculo xorde dun proxecto teatral do mesmo nome que a creadora desenvolveu en Culleredo a comezos deste ano, con actividades que incluíron obradoiros, charlas e propostas participativas en distintos puntos do municipio.

⚙ Configurar cookies
0.086874961853027