CUAC FM celebrará os seus 30 anos cun gran concerto no Teatro Colón da Coruña o 27 de marzo

ACoruñaXa
Pedro Pastor y Los Locos Descalzos, Sílvia Penide e César de Centi forman o cartel dunha cita que comezará ás 20.30 horas e xa ten as entradas á venda
A CORUÑA concerto pedro cuac fm
19 Jan 2026

A radio comunitaria CUAC FM cumprirá 30 anos o vindeiro 27 de marzo e celebrarao cun ‘Gran Concerto 30 aniversario’ no Teatro Colón da Coruña. A cita está programada para as 20.30 horas e reunirá sobre o escenario a Pedro Pastor y Los Locos Descalzos, Sílvia Penide e César de Centi.

As entradas xa están dispoñibles e o concerto preséntase como unha noite especial polo aniversario da emisora, con participación de artistas vencellados á súa traxectoria.

CUAC FM emite no 103.4 FM e en liña, e defínese como un proxecto sen ánimo de lucro que promove a participación cidadá e dá espazo a colectivos e voces que non adoitan ter presenza nos medios convencionais. A emisora lembra que está activa ‘dende 1996’ e que este concerto marca unha das grandes celebracións do seu 30 aniversario na cidade.

⚙ Configurar cookies
0.079390048980713