Crendes celebra as festas na honra a San Andrés con música, gastronomía e tradición

Crendes, en Abegondol prepárase para vivir unha nova edición das festas na honra a San Andrés, que terán lugar na pista da localidade os días sábado 29 e domingo 30 de novembro. O programa, organizado polas asociacións locais, a comisión de festas e a Asociación Cultural e Recreativa San Pedro de Crendes, combina música, actos relixiosos e propostas gastronómicas para veciños e visitantes.
A xornada do sábado 29 comezará con dianas e alborada, e ás 13.00 horas celebrarase a misa na honra a San Andrés. A continuación terá lugar a sesión vermú, amenizada polo dúo D'Vicio e acompañada da pulpeira La Antanera. Pola tarde, a partir das 19.00 horas, celebrarase un tarteo con DJ Miguel e D'Vicio. A festa prolongarase pola noite cunha nova sesión nocturna, de novo con presenza da pulpeira.
O domingo 30 iniciarase cunha misa oficiada pola Confraría do Santísimo Sacramento ás 12.00 horas. A sesión vermú correrá a cargo do grupo Explosión, que se encargará de poñer música ao ambiente festivo da mañá.
Ao longo de toda a fin de semana, os asistentes poderán desfrutar de tapas gratuítas de fabas e cañas a 1,50 euros, unha proposta que se suma á oferta festiva para dinamizar a celebración.