Creatividade en escena no Concurso de Disfraces do Entroido de Oza-Cesuras

ACoruñaXa
Oza-Cesuras celebrou unha xornada moi participativa na Festa Infantil, cun xurado formado polas comisións parroquiais e representación municipal
OZA-CESURAS entroido 2026
20 Feb 2026

O Entroido volveu deixar unha imaxe de cor, humor e moita implicación veciñal en Oza-Cesuras coa celebración do tradicional Concurso de Disfraces. A cita reuniu público de todas as idades nun ambiente de convivencia no que pequenos e maiores puxeron en valor a creatividade e as ganas de festa.

O Concello agradeceu especialmente o labor do xurado, integrado por membros da Comisión de Oza, Comisión de Salto, Filgueira de Traba e Mandaio, ademais da representación municipal, que asumiron a tarefa de avaliar as propostas presentadas.

O concurso estruturouse en modalidade infantil (ata 16 anos) e de maiores, con premios tanto en categoría individual como de grupo. Os galardóns incluíron primeiros, segundos e terceiros premios, cunha contía total de 1.800 euros entre todas as categorías. O xurado tivo en conta criterios como a orixinalidade, o esforzo de elaboración (priorizando o traballo artesanal), o uso de materiais reciclados e a posta en escena.

⚙ Configurar cookies
0.077236890792847