CR Ares e CR Chapela-Wofco conquistaron a Bandeira Teresa Herrera na despedida da Liga Galega de Traiñeiras 2024

ACoruñaXa
O CR Ares e o CR Chapela-Wofco proclamáronse campións da Bandeira Teresa Herrera, poñendo o broche final á tempada da Liga Galega de Traiñeiras nas augas da Coruña
Imaxe da competición do Bandeira Teresa Herrera
26 Aug 2024

A Liga Galega de Traiñeiras 2024 pechou este domingo nas augas da enseada do Orzán e Riazor coa celebración da Bandeira Teresa Herrera, unha das citas máis emblemáticas do calendario deportivo estival da Coruña. O evento contou coa participación de 22 embarcacións, das cales 15 desputaron a final, e coroou ao CR Ares na categoría masculina e ao CR Chapela-Wofco na categoría feminina como os grandes gañadores.

A entrega de premios tivo lugar na Finca dos Mariño, onde o concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, destacou a importancia desta proba non só como parte do final das festas de María Pita, senón tamén como un evento que dinamiza o turismo e a economía local. "A Bandeira Teresa Herrera é unha tradición que pon en valor a beleza do noso litoral e atrae a numerosos visitantes á cidade", afirmou o edil.

As tripulacións vencedoras completaron os percorridos nun tempo de 22:24,19 para o CR Ares na competición masculina, e de 25:47,59 para o CR Chapela-Wofco na feminina. Esta última proba da tempada reafirmou a colaboración entre o Concello e a Liga Galega de Traiñeiras, fortalecendo a presenza de deportes náuticos na programación anual da cidade.

 

 

0.059185028076172