Coruña vive a semana do Día do Libro cunha chea de actividades

ACoruñaXa
Bibiana Candia, Lucía Cobo e María Reimóndez achegaron as súas experiencias sobre a construcción literaria na mesa redonda “A Coruña, cidade de libro”
Imaxe do acto central do Día do Libro na Coruña
24 Abr 2024

Dende o Concello da Coruña conmemoran esta semana o Día do Libro con preto de 20 actividades. Unha extensa programación promovida polo Goberno local nas difirentes Bibliotecas Municipais baixo o lema “Letras que unen, oficios que inspiran e historias que transforman”, cuxo acto central se celebrou onte, martes 23 de abril..

Tres creadoras coruñesas foron as encargadas de porlle voz hoxe ao Día do Libro na mesa redonda “A Coruña, cidade de libro”, que tivo lugar na Biblioteca de Estudos Locais. Bibiana Candia (escritora), Lucía Cobo (ilustradora) e María Reimóndez (traductora) achegaron as súas experiencias sobre a construcción literaria. O concelleiro da Área de Fomento e Promoción da Cidade, Gonzalo Castro, puxo en valor o traballo das creadoras locais e o impulso do Concello para o fomento do sector a través de iniciativas como o PRESCO Cultural ou as bolsas de creación artística.

Dende este martes estase a realizar unha ‘solta de libros’ nos parques próximos a cada biblioteca, con lotes de libros que as persoas poden recoller para despois deixalos noutros lugares públicos, fomentando a lectura. A programación seguirá con obradoiros, exposicións e outras actividades ate o próximo sábado 27. Destaca o recital poético ”Déboche unha”, con Lucía Aldao e Andrea Nunes o xoves 25 ás 19.00 horas na Biblioteca Durán Loriga. A programaicón pódese consultar na web www.coruna.gal/bibliotecas.

0.19662094116211