'Coruña en Forma' continúa outro mes máis
Continúa en marcha o programa do Concello da Coruña, 'Coruña en Fomra' outra semana máis, tralo éxito do mes de xullo.
Consiste nunha iniciativa que ten como obxectivo converter os espazos públicos e urbanos en instalacións deportivas ao aire libre. Trátase de actividades deportivas dirixidas, abertas á cidadanía e totalmente gratuítas.
O luns, a xornada dará comezo ás 10.00 e continuará ao longo de toda a tarde, ata as 20.00 horas. Haberá actividades de ioga, zumba, pilates, ximnasia aeróbica, tai-chi e para os maiores.
Levaránse a cabo en sitios, como: o miradoiro do Matadoiro, parque Europa, Barrio das Flores, praia de Riazor, praza Elíptica, parque de Vioño, praza dos Mariñeiros, praza dos Avós, Novo Mesoiro (campo Cruyff Court), praza de Espazo Coruña e praza do Centro Cívico de Palavea.
A programación completa de Coruña en Forma pode consultarse a través das redes sociais da Concellaría de Deportes e na seguinte páxina web.