Cortes de tráfico en Oleiros este xoves e venres debido ás obras de Sol e Mar
O Ministerio de Transportes levará ao cabo á pavimentacióndas vías de servizo e da nova glorieta en Sol e Mar entre o xoves e o venres desta semana. Os traballos a realizar afectarán ao tráfico da estrada. Especialmente, para os veciños da Avenida das Mariñas, na zona de obras, e para os residentes nas urbanizacións de Agramar e Beiramar, que non poderán acceder nin saír dos seus garaxes durante o tempo que duren os traballos de aglomerado.
Segundo informa o Concello de Oleiros, a planificación das obras, segundo lles indicou o Ministerio, consistirá nas seguintes fases:
O xoves, día 1, ás 9.30 horas da mañá, executaranse a extensión da capa de base da glorieta e afectará a garaxes e comercios de ambas as marxes. Sempre que sexa posible, se se acumulan vehículos, tentarase dar paso puntual pola glorieta. Pola tarde comezará a segunda fase, que consistirá na extensión da capa intermedia na vía de servizo dos números pares da Avenida das Mariñas e na metade da glorieta ao lado terra. Afectarase unicamente aos garaxes e comercios dos números pares da Avenida das Mariñas.
O venres, día 2, pola mañá executarase a terceira fase, que consistente na extensión da capa intermedia na vía de servizo dos números impares da Avenida das Mariñas (lado Agramar e Beiramar) e na metade da glorieta deste mesmo lado. Afectarase aos garaxes e comercios dos números impares da Avenidas das Mariñas, así como as seguintes vías: Rúa Marisqueira, Praza de Agramar, Rúa Areal (lado Ría), Rúa Beiramar e Rúa dos Álamos. En todo caso, se se acumulan vehículos procedentes de Marisqueira, Agramar e Areal Sur tentarase dar paso puntual pola glorieta.