Corte total de tráfico na estrada de Churío a Coruxou este venres por obras de aglomerado

ACoruñaXa
O tramo entre O Semilleiro e o Cruceiro cara á igrexa de Churío permanecerá pechado ao longo de todo o día 21 de novembro
IRIXOA corte carretera
21 Nov 2025

O Concello de Irixoa informou do peche completo ao tráfico da estrada principal que une Churío con Coruxou este venres 21 de novembro, debido á execución de traballos de aglomerado no viario.

A restrición afectará ao tramo comprendido entre O Semilleiro, no cruce de A Gándara, e o Cruceiro que dá acceso á igrexa de Churío, que permanecerá intransitable durante toda a xornada.

Ao tratarse da vía principal da zona, o Concello recomenda ás persoas usuarias que planifiquen con antelación os seus desprazamentos e empreguen rutas alternativas mentres duren os traballos de mellora do firme, que teñen como obxectivo aumentar a seguridade da circulación neste tramo.

Desde o goberno local pídese desculpas polas molestias ocasionadas e agradécese a colaboración da veciñanza mentres se desenvolven as obras.

⚙ Configurar cookies
0.079918146133423