Corte temporal de auga en Paderne por reparación na traída municipal

O Concello de Paderne informa de que, por mor dunha reparación urxente na traída municipal, o servizo de abastecemento de auga vese afectado nas zonas de Donim, Os Currás e A Goexa. Durante a intervención poderán producirse cortes puntuais e baixas de presión.
Os servizos municipais están a traballar para restablecer o subministro o antes posible. Unha vez recuperado o fluxo, é posible que a auga presente turbidez de maneira temporal; recoméndase deixar correr a billa uns minutos antes do consumo e evitar usos non imprescindibles (lavadoras, enchido de depósitos, rega) mentres dure a incidencia.
O Concello agradece a comprensión da veciñanza e desculpa as molestias ocasionadas. As actualizacións publicaranse polos canles oficiais municipais.