Corte programado no suministro de auga en Vilarmaior o 25 de setembro

Infórmase que o día 25 de setembro de 2025 está programado un corte no suministro de auga no municipio, que comezará ás 16.15 e prolongarase previsiblemente ata as 19.00. A interrupción débese a traballos de mantemento na rede de abastecemento realizados co obxectivo de mellorar o servizo para a veciñanza.
Recoméndase abastecerse de auga para cubrir as necesidades básicas durante ese período e evitar o uso de electrodomésticos que precisen auga mentres dure o corte. Unha vez restablecido o subministro, convén deixar correr a auga uns minutos antes de consumila para garantir a súa calidade.
O Concello pide desculpas polas molestias que este corte poida ocasionar e agradece a colaboración da veciñanza. Para calquera dúbida ou incidencia, pódese contactar cos servizos municipais polos canales habituais.