Corte de auga o martes 11 de novembro en varias rúas de Arteixo por melloras na rede

A empresa concesionaria do servizo municipal de auga, Sumarte, informou dun corte programado no subministro en varias rúas de Arteixo o vindeiro martes 11 de novembro de 2025. A interrupción realizarase entre as 09.00 e as 11.00 horas aproximadamente, co obxectivo de executar melloras na rede xeral de abastecemento.
As zonas afectadas serán a rúa Santiago de Compostela, rúa Laracha, rúa Ribadeo, rúa Ferrol, rúa Devesos e a avenida de Nostián. Desde Sumarte sinalan que o horario podería variar lixeiramente en función dos traballos e piden desculpas polas molestias que poida ocasionar esta actuación.
A empresa recomenda aos veciños que comproben que ningunha billa quede aberta durante o corte para evitar perdas innecesarias de auga ou incidencias nas instalacións interiores cando se restableza o servizo. Tamén se aconsella non utilizar electrodomésticos como lavadoras ou lavalouzas mentres dure a interrupción.