Corte de auga en Guiliade por unha avaría na rede de subministración

Unha avaría na rede de subministración obrigou este sábado a interromper o servizo de auga en Guiliade, no municipio de Betanzos, segundo informou o Concello a través dun aviso á veciñanza.
O corte afecta á parroquia, coa excepción das zonas da Rúa e O Tumbelo, onde se mantén o abastecemento. A previsión municipal é que o servizo poida quedar reposto arredor das 19.00 horas.
Desde o Concello desculpáronse polas molestias ocasionadas mentres continúan os traballos para solucionar a incidencia.