Convocan concentracións en 17 municipios das catro provincias para protestar contra os incendios

GaliciaXa | LugoXa | AMariñaXa | ACoruñaXa | OurenseXa
Haberá mobilizacións en todas as capitais de provincia así como en Allariz, na Mariña lucense e varios municipios das provincias de Pontevedra e A Coruña
concentraciones-incendios-galicia
19 Aug 2025

A plataforma ‘Por un monte galego con futuro’ convoca manifestacións este xoves por todas as cidades e comarcas galegas ante a onda de incendios que se está a vivir por máis de 59.000 hectáreas afectadas.

A plataforma, integrada por máis de 50 organizacións, fai un chamamento á cidadanía a participar nestas concentracións, baixo o lema “A política forestal do PP queima os nosos montes, queima as nosas casas”.

Todas as concentracións terán lugar ás 20:00 horas nun total de 17 localidades. Na provincia de Ourense, as mobilizacións están convocada en Allariz (Campo da Barreira) e na capital, diante do Concello, na Praza Maior. En Lugo, está convocada unha concentración fronte ao edificio da Xunta. Na Mariña, haberá tamén concentración en Viveiro e Ribadeo.

Na provincia da Coruña, as mobilizacións serán en Betanzos (na Praza da Constitución), Carballo (Praza do Concello), Noia (Praza do Concello), Ribeira (Praza do Concello), Ferrol (Praza Amada García), Santiago de Compostela (Praza Roxa) e A Coruña (Obelisco).
Na provincia de Pontevedra haberá mobilizacións en Vilagarcía (Praza do Concello), Vigo (Farol de Urzaiz), O Porriño (Multiusos de Torneiros) e Pontevedra (Praza da Peregrina). Ademais, haberá unha concentración en Cangas do Morrazo que, neste caso, terá lugar ás 20:30 horas diante do Concello.

⚙ Configurar cookies
0.18106198310852