Convocada unha concentración en Miño en protesta polos recortes en educación para o curso 2024-2025

ACoruñaXa
A concentración terá lugar mañá co corte de tráfico na estrada DP-4803 á altura do peaxe da AP-9
Imaxe do cartel da concentración do ANPA en Miño
15 Ago 2024

O ANPA do CPI Castro Baxoi de Miño convocou unha concentración de protesta para mañá, xoves 15 de agosto, contra os recortes en educación previstos para o curso 2024-2025. A concentración está programada para as 19.00 horas, co punto de encontro diante do restaurante Carboeira.

Unha vez reunidos, os participantes trasladaranse uns dez minutos despois ao paso de peóns da estrada DP-4803, situado á altura da salida da autopista AP-9, onde se realizará a protesta.

Debido a este evento, o Concello de Miño informa que a estrada DP-4803 permanecerá cortada ao tráfico durante a duración da concentración.

CARTEL CONCENTRACIÓN
0.10421109199524