Convocada unha asemblea de veciños para a creación de beirarrúas na rúa Bartolomé de las Casas en Nós
ACoruñaXa
O Goberno municipal busca a colaboración dos veciños para mellorar a seguridade viaria cunha nova infraestrutura de beirarrúas
8 Ago 2024
O Concello de Oleiros convoca aos veciños e veciñas da rúa Bartolomé de las Casas, en Nós, a unha asemblea informativa que se celebrará o luns 12 de agosto ás 20:00 horas na Casa do Pobo. A reunión ten como obxectivo tratar a creación de beirarrúas ao longo dos 1,5 km que se extenden desde a rotonda da Seara ata a rúa Armental.
Para levar a cabo esta importante mellora na seguridade viaria, o Goberno municipal precisa da colaboración da veciñanza para a cesión do solo necesario para a construción das beirarrúas. “A asemblea servirá para falar cos veciños, que nos solicitan beirarrúas. Se nos ceden o solo, implementaremos o proxecto, como xa fixemos en outras rúas”, afirmou o alcalde.