Continúa o Ciclo sobre os Mitos de Arturo e o Graal en Portas Ártabras de Amigos dos Museos de Galicia

ACoruñaXa
O documental “O Rei Arturo e o Graal”, presentado por Felipe-Senén, explorará a mestura de tradicións célticas e cristianas este xoves 18 de xullo en A Coruña
Imaxe do cartl do evento de Amigos dos Museos de Galicia do xoves 17 de xullo
Imaxe do cartel do evento de Amigos dos Museos de Galicia do xoves 17 de xullo
17 Xul 2024

O xoves 18 de xullo, ás 20.00 horas, en Portas Ártabras, continuará o ciclo arredor do Graal, o mítico Cáliz do Sangue de Cristo que, segundo as tradicións, Xosé de Arimatea levou polos confíns célticos do occidente Atlántico. Este é o argumento do Santo Grial (Sangue Real), sobre o que se asentaron castes de nobreza, tan buscado polo Rei Arturo e os seus Cabaleiros da Táboa Redonda. Esta odisea medieval, que envolve meigas, monstros e bosques, é a orixe das novelas de cabalerías.

O evento incluirá unha introdución a un interesante documental sobre este tema, presentado por Felipe-Senén: “O Rei Arturo e o Graal”. Tratará un tema no que perduran as tradicións célticas mesturadas co cristianismo, base da ópera Parsifal de Wagner, que tanto impactou e inspirou ao galeguismo dos anos modernistas.

A entrada é libre ata completar aforo. Non perdas esta oportunidade de afondar nos misterios e lendas que rodean o mítico Graal.

O Rei Arturo e o Graal en Portas Ártabras
0.19171118736267