Continúa a tempada de ópera este xoves coa proxección de 'Manon Lescaut'

ACoruñaXa
Será na sala de prensa AFundación ás 18.00 horas con acceso libre
manon-lescaut
9 Oct 2024

A Tempada Lírica 2024 está dedicada á figura de Giacomo Puccini cando se cumpren 100 anos do seu falecemento. Con este motivo o ciclo de proxección de ópera inclúe algunhas das súas obras.

Este xoves poderase ver Manon Lescaut, gravado en Londres en 2014 baixo a dirección de Jonathan Kent, coa Orchestra of the Royal Opera House e o Coro da Royal Opera. Con Kristine Opolais como Manon Lescaut; Jonas Kaufmann como Deas Grieux; Christopher Maltman o rol de Lescauto e Mariurizio Muran como Geronte.

Trátase dunha actividade de acceso libre ata completar o aforo. Os asistentes que os desexen poderán colaborar coa iniciativa de Afundación Cultura x alimentos, que impulsa a recollida de alimentos non perecedoiros que se envían a Fesebal.

0.16654205322266