Continúa a recollida do lixo acumulado pola folga

ACoruñaXa
Na súa terceira xornada a pé de rúa, a empresa Valoriza, recolleu un total de 73,46 toneladas de lixo orgánico, inorgánico e tamén voluminosos, sen incidencias
bolsas de basura
Imaxe de arquivo
29 Jul 2024

A Comisión de Seguimiento da emerxencia sanitaria composta pola alcaldesa da Coruña, Inés Rey, a concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira, a concelleira de Seguridade Cidadá e Interior, Montserrat Paz, e o concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica, José Manuel Lage, ademais de técnicos municipais das diferentes áreas, fixo seguimento do estado actual da recollida de lixo, dos actos vandálicos que se están a producir e do funcionamento da empresa de emerxencia contratada para reforzar a recollida do lixo, que acometeu a súa terceira xornada de traballos.

Na súa terceira xornada a pé de rúa, a empresa de emerxencia que reforza a recollida de residuos na cidade, Valoriza, recolleu un total de 73,46 toneladas de lixo orgánico, inorgánico e tamén voluminosos, sen incidencias.

Desde a posta en marcha da recollida de emerxencia dos residuos acumulados nas rúas, os operarios de Valoriza xa recolleron un total de 198 toneladas de lixo, atendendo ao cómputo total correspondente ao xoves, venres e sábado desta semana.

Na pasada quenda de noite rexistráronse unha incidencia asociada á queima de contedores. Foi, concretamente, á primeira hora deste domingo 28 (9.20 horas) na rúa Lázaro Cárdenas, no barrio de Eirís, onde os profesionais do servizo municipal de Bombeiros interviron ante o incendio de dous colectores de superficie, con lixo acumulado. Foi preciso cortar a rúa durante dez minutos durante a actuación de extinción do lume.

Ao igual que nos dous días anteriores, cando estaban convocadas sendas xornadas de folga no servizo de recollida de lixo, ningún traballador secundou a folga, segundo a concesionaria.

Malia todo, as porcentaxes de lixo recollido polos operarios da concesionaria foron, novamente, moi baixas ou inexistentes, cun claro impacto en zonas como a Sagrada Familia, O Castrillón, Os Castros, Matogrande - Eirís e a área correspondente a Mesoiro, Feáns e Valaire.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17336797714233