Conta atrás para o 30º Rallye da Coruña, que levará o motor europeo á cidade a finais de febreiro

A Coruña xa quenta motores para unha das súas citas deportivas máis esperadas. O 30º Rallye da Coruña celebrarase do 26 ao 28 de febreiro e chega este ano cun salto de nivel ao incorporarse ao calendario do Tour European Rally (TER) e do TER Historic, abrindo a tempada europea.
O groso da actividade na cidade desenvolverase o venres 27 e o sábado 28, con shakedown, tramo de cualificación, cerimonia de saída e un tramo espectáculo (SS1) na primeira xornada. O sábado quedará reservado para cinco tramos a dobre pasada, a cerimonia de premios e a festa de fin de rallye, con Praza de María Pita como punto de referencia do evento.
Dende a organización, One Seven Racing, avanzan tamén que se está a traballar na posibilidade de sacar adiante un tramo espectáculo ‘en plena cidade’ se se consegue o orzamento necesario, e apuntan como novidade a categoría Legend, moi demandada pola afección.