Confirmada unha segunda fucnión de 'Por fin juntos' con Facu Díaz e Miguel Maldonado na Coruña

ACoruñaXa
O éxito da primeira función no Ágora leva á apertura dunha nova sesión o 16 de novembro para satisfacer a demanda do público
Imaxe do cartel do espectáculo de Facu Díaz e Miguel Maldonado
1 Ago 2024

O auditorio do Centro Sociocultural Ágora acollerá o vindeiro 16 de novembro un espectáculo de humor moi esperado. Facu Díaz e Miguel Maldonado presentarán o seu espectáculo "Por fin juntos" nunha actuación por partida dobre. O evento, que forma parte da estratexia do Goberno de Inés Rey de levar actuacións humorísticas de alto nivel a diferentes recintos municipais, xa conta cunha primeira función esgotada para as 20.00 horas. Dada a alta demanda, tamén se programou unha segunda sesión ás 22.30 horas, cuxos billetes xa están á venda a través de Ataquilla.

Facu Díaz e Miguel Maldonado, dous dos humoristas máis recoñecidos da actualidade con ampla experiencia en televisión e radio, repasan os seus dez anos de carreira compartida cun espectáculo que ofrece unha satírica visión da actualidade política e social.

O Centro Sociocultural Ágora, que xa acolleu a outros destacados humoristas como David Suárez e Pablo Meixe, segue así a súa labor de promover o humor e consolidar a A Coruña como un referente cultural neste eido. O Concello continúa a súa aposta por iniciativas que fomenten a cultura e o entretemento, como o Encontro Mundial de Humoristas, no que tanto Facu Díaz como Miguel Maldonado participaron en pasadas edicións.

As actuacións, cunha duración estimada de 90 minutos, prometen ofrecer unha noite chea de risa e reflexión aos asistentes.

0.18859910964966