Conclúen as obras de mellora do vial entre Armuño e Campo Galán en Lubre (Bergondo)

ACoruñaXa
O Concello de Bergondo inviste máis de 33.000 euros na repavimentación e renovación da sinalización
Pavimentación Agader Lubre (bergondo)
14 Dec 2024

O Concello de Bergondo rematou as obras de mellora do vial que conecta os lugares de Armuño e Campo Galán, na parroquia de Lubre, unindo as estradas provinciais DP-0813 e DP-0803. A actuación contou cun investimento de 33.845,90 euros, financiados a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER).

Os traballos consistiron na repavimentación con aglomerado asfáltico, dado o desgaste significativo que presentaba a vía polo seu uso continuo. Ademais do reasfaltado, realizáronse labores de limpeza nas cunetas e bordos, xunto coa renovación da sinalización horizontal, mellorando así a seguridade e a funcionalidade do vial.

Esta obra forma parte do compromiso do concello coa mellora da rede viaria local, priorizando aquelas estradas que presentaban un maior deterioro para facilitar o desprazamento e reforzar a seguridade viaria.

⚙ Configurar cookies
0.11754894256592