Comezan as obras de renovación da rede de abastecemento en varias zonas de Bergondo

ACoruñaXa
A obra supón un investimento de case 150.000 euros e permite continuar co plan de mellora de infraestruturas na área empresarial
saneamento-poligono-bergondo
Traballos de saneamento no polígono de Bergondo
16 May 2025

O Concello de Bergondo iniciou esta semana as obras para a renovación da rede de abastecemento das rúas Parroquia de Guísamo e Parroquia Lubre, no polígono industrial, unha actuación que conta cun orzamento de 146.967,27 euros.

Os traballos que se están a levar a cabo consisten, esencialmente, na renovación da tubaxe de fibrocemento de 150 milímetros por unha de fundición dúctil revestida interiormente por cemento de alto forno e exteriormente por aliaxe de cinc-aluminio.

Este proxecto permite continuar executando o plan do goberno local para a renovación das infraestruturas de saneamento e abastecemento da área empresarial. Ademais, este investimento suporá un importante aforro no mantemento da infraestrutura, xa que a nova necesitará menos gasto á hora de asegurar un correcto funcionamento.

Outras actuacións no polígono

Ao longo dos últimos anos o Concello executou unha serie de proxectos no polígono para mellorar os servizos desta área empresarial, consolidada como un dos polos económicos da provincia da Coruña.

Así, instalouse un novo colector de alivio para mellorar o desvío de augas pluviais (11.096 euros), na rúa Parroquia de Vixoi e na rúa Parroquia de Ouces; instaláronse válvulas reductorass de presión; reixas e canalizacións na rúa Parroquia de Lubre (47.986,04 euros); melloras na EDAR do polígono (200.000 euros); o pavimento do acceso ao polígono desde a estrada Nacional VI (171.000 euros); ou o desbroce e limpeza das parcelas de titularidade municipal (32.850 euros). Ademais, próximamente executarase unha senda peonil (276.000 euros).

⚙ Configurar cookies
0.15802097320557