Comercios e hostaleiros de Sada chamados a participar na Feira Modernista de ambientación única

ACoruñaXa
A cita de época celebrarase do 1 ao 3 de agosto na localidade
feira-modernista-sada
3 Jul 2025

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sada (ACESADA) convida a todos os seus socios, así como ao resto dos comercios e locais de hostalería da vila, a sumarse un ano máis á decoración e ambientación da Feira Modernista, que se celebrará do 1 ao 3 de agosto. A proposta pasa por adornar escaparates e establecementos, así como caracterizarse segundo a época para recrear o ambiente modernista.

Desde ACESADA destacan que “a implicación do comercio local nesta cita converteuse nunha seña de identidade que distingue a nosa feira doutras celebracións similares”. Esta colaboración conxunta entre empresarios e comerciantes non só aporta autenticidade á feira, senón que tamén ten un efecto positivo na afluencia de visitantes, beneficiando o tecido empresarial da localidade.

“Queremos lembrar que a participación de cada comercio conta, e que entre todos contribuímos a crear unha experiencia única, cunha ambientación que xa é recoñecida dentro e fóra do noso municipio”, apuntan desde a asociación. O obxectivo é seguir consolidando a feira como un dos eventos máis agardados do verán, animando a participar con “entusiasmo, creatividade e espírito modernista”.

⚙ Configurar cookies
0.18069505691528