Coirós solicita a Movistar a estabilización dun poste de comunicacións preto da A9 en Figueiras

O Concello de Coirós informou de que trasladou a Movistar a necesidade de actuar con urxencia sobre un poste de comunicacións situado ao bordo da estrada que conecta a NVI, no lugar de Figueiras, co municipio de Oza-Cesuras. O vial discorre en paralelo á Autovía do Noroeste (A9) e rexistra un tránsito habitual de vehículos e peóns.
Segundo explicou o goberno local, a estrutura atópase nun estado de equilibrio precario, o que xera preocupación entre a veciñanza pola posibilidade de que poida caer sobre a calzada, especialmente nestas datas, nas que os temporais e as fortes rachas de vento son frecuentes.
O Concello solicita á empresa responsable que adopte as medidas necesarias para garantir a estabilidade do poste e eliminar o risco para a seguridade viaria e dos peóns que empregan este acceso.