Coirós reformará o centro rural para que poida ser empregado durante todo o ano

ACoruñaXa
As instalacións da zona cuberta do campo da praza pública de Coirós de Arriba serán sometidas a unha importante mellora por parte do Concello.
Imaxe do centro rural de Coirós
Imaxe do centro rural de Coirós
9 Xul 2024

As instalacións da zona cuberta do campo da praza pública de Coirós de Arriba serán sometidas a unha importante mellora por parte do Concello. Así, o alcalde, Francisco Quintela, comentou que o obxecto do proxecto é mellorar a habitabilidade deste espazo cuberto para que poida ser utilizado durante todo o ano polos veciños para actividades de todo tipo, reunións, celebracións, cursos, entre outras.

As obras para realizar consistirán no peche perimetral do espazo cuberto, acristalamento, persianas motorizadas, materiais dotados do adecuado illamento. Ademais mellorarase a actual cuberta metálica nas partes deterioradas incluíndo, limpeza, eliminación de corrosión, pintado. O mesmo proceso de mantemento aplicarase á estrutura metálica da actual construción e instalarase iluminación tanto no interior como no exterior.

Para financiar o proxecto de mellora destas instalacións o concello conta cunha achega da Xunta de Galicia de 50.223.03 euros. As obras iniciaranse unha vez que se concluíu o proceso de tramitación pública estipulado pola lei.

0.19584989547729