Coirós prepárase para a súa VII Foliada de Queirís

ACoruñaXa
Música, baile e gastronomía tradicional volverán encher de alegría a localidade
CORIOS vii foliada
30 Aug 2025

O concello de Coirós acollerá un ano máis a VII Foliada de Queirís, unha cita aberta para todos os amantes da música e o baile tradicionais. O evento convoca veciñas, veciños e foliadair@s de todas as idades a participar nesta celebración da cultura galega, na que se mesturan actuacións, talleres e gastronomía típica.

A xornada dará comezo ás 20.00 horas coa Escola de Música e Baile Tradicional de Coirós, que abrirá o ritmo para todos os asistentes. A continuación, haberá unha cea popular con polbo, churrasco, bocatas e hamburguesas de carne e opcións veganas, mantendo a tradición de compartir comida mentres se goza da música.

Ás 22.00 horas, o grupo Viqueiras ofrecerá un concerto que animará a foliada aberta, que se prolongará ata que o corpo aguante. Os organizadores animan a todos os que queiran participar a vir tocar, bailar e pasar un bo rato. Para máis información, está dispoñible contacto por teléfono. A cita conta co apoio da Deputación da Coruña e a colaboración de Espadana Gaiteiros e da Escola de Música e Baile Tradicional de Coirós.

⚙ Configurar cookies
0.19502902030945