Coirós pon en marcha un programa gratuíto de recuperación emocional con sesións de mindfulness

ACoruñaXa
A iniciativa da Axente de Igualdade ofrecerá ferramentas para xestionar estrés e emocións en cinco encontros, con prazas limitadas
COIROS recuperación emocional
6 Jan 2026

O Concello de Coirós, a través do departamento da Axente de Igualdade, impulsa un Programa de Recuperación Emocional pensado para axudar á veciñanza a xestionar o estrés, as emocións e o día a día con máis calma e consciencia. A proposta preséntase como un ‘espazo seguro’ para parar un intre, escoitarse e reconectar.

As sesións estarán guiadas por Carola García, de Mindfulness Vivendi, e desenvolveranse en Fontelo 37 (Coirós) en horario de 19.00 a 20.15 horas. O calendario inclúe encontros o 15 de xaneiro, 12 de febreiro, 12 de marzo, 21 de abril e 14 de maio.

A actividade é de balde, pero con prazas limitadas. As inscricións xa están abertas e poden realizarse chamando ao 981 796 088. Dende o Concello lembran que ‘coidarse tamén é un acto de igualdade’.

⚙ Configurar cookies
0.074354887008667