Coirós organiza unha excursión a Padrón e Pontevedra o 25 de outubro

ACoruñaXa
A viaxe inclúe visita á Casa Museo Rosalía de Castro e un roteiro de 3 km con inscrición ata o 21 de outubro e prazas limitadas
COIROS excursión padron
20 Oct 2025

O Concello de Coirós abre a inscrición para a excursión a Padrón e Pontevedra do 25 de outubro, unha proposta cultural que combina literatura, patrimonio e lecer. A xornada comezará ás 8.30 coa saída dende o Centro Social e terá como primeiro destino a Casa Museo Rosalía de Castro, onde as persoas participantes realizarán o Roteiro Rosaliano de 3 km.

Despois do xantar ás 14.00, a comitiva desprazarase a Pontevedra ás 16.00 para continuar coa visita de tarde. O regreso a Coirós está previsto para as 19.30. O prezo da actividade é de 25 euros, que se aboarán no momento da inscrición ou mediante transferencia bancaria indicando como concepto 'Excursión Padrón'.

As inscricións poden realizarse ata o 21 de outubro no Rexistro municipal ou a través da Sede Electrónica. As prazas son limitadas, polo que o Concello recomenda reservar canto antes para garantir a participación.

⚙ Configurar cookies
0.076300144195557