Coirós leva ao Centro Social o espectáculo de monicreques ‘Titiricircus’, de Tanxarina

ACoruñaXa
A función será o martes 30 de decembro, ás 12.00 h., con entrada libre e de balde (nunha cita subvencionada pola Rede Cultural da Deputación da Coruña)
COIROS titiricircus
27 Dec 2025

O Concello de Coirós programa para o martes 30 de decembro unha proposta familiar de teatro de monicreques: ‘Titiricircus’, da compañía Tanxarina. A representación terá lugar ás 12.00 h. no Centro Social de Coirós, con acceso gratuíto.

A peza propón unha viaxe á memoria dun circo xa desaparecido. Dous vellos traballadores revisitan as súas ‘vellas glorias’ coa axuda das marionetas e, nun xogo continuo de participación co público, van xurdindo algúns dos números máis celebrados daquela pista: desde o ‘home máis forte da Península Ibérica’ ata un malabarista disposto a arrincar gargalladas.

‘Titiricircus’ supera as 1.500 representacións e converteuse nun dos títulos máis exhibidos do teatro galego. O evento está incluído na programación cultural municipal e conta con subvención da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

⚙ Configurar cookies
0.083379983901978