Coirós lembra as obrigas para a tenencia de cans potencialmente perigosos

ACoruñaXa
O Concello insta a rexistrar os animais, contar con licenza e seguro, e saír á rúa con correa non extensible e boceira
Can de presa
11 Nov 2025

O Concello de Coirós emite un aviso á veciñanza ante a alarma xerada nas últimas semanas polo presenza de cans potencialmente perigosos na vía pública. A administración local lembra ás persoas propietarias que estes animais deben estar debidamente rexistrados no Concello, dispoñer da licenza municipal vixente e dun seguro de responsabilidade civil.

No espazo público, os cans deberán ir sempre suxeitos con correa non extensible de menos de dous metros e levar a boceira axeitada ao seu tamaño e características. O incumprimento destas medidas pode derivar nas sancións previstas pola normativa.

O Goberno local agradece a colaboración cidadá para garantir unha convivencia segura e responsable e solicita comunicar calquera incidencia a través dos canais municipais de atención.

⚙ Configurar cookies
0.070552825927734