Coirós conmemora o 25N cun poema recitado pola súa autora e difundido nas redes sociais municipais

ACoruñaXa
O acto institucional reuniu veciñanza no salón de servizos sociais e incluíu a lectura do manifesto da FEGAMP
COIROS 25n (2)
25 Nov 2025

O Concello de Coirós celebrou este mediodía un acto especial con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. A sesión desenvolveuse ás 12.00 horas no salón de actos do edificio de servizos sociais, onde veciñas e veciños participaron no programa impulsado pola responsable municipal de Igualdade, Pilar Alarza. Entre o público asistiu tamén a concelleira nacionalista, Pura Ferreño.

O alcalde, Francisco Quintela, abriu o encontro agradecendo a presenza da cidadanía e insistiu na necesidade de seguir traballando, sen descanso, para erradicar calquera forma de violencia contra as mulleres. Acto seguido, a concelleira de Servizos Sociais deu lectura ao manifesto promovido pola FEGAMP, que será lido hoxe en numerosos concellos galegos.

A xornada concluíu cun momento especialmente emotivo: a profesora e veciña Loly González recitou un poema da súa autoría no que reivindicou a importancia de que as mulleres non garden silencio ante a violencia. O Concello está a difundir esta intervención a través das súas redes sociais como xeito de ampliar a mensaxe de concienciación.

⚙ Configurar cookies
0.072573900222778