Coirós celebrará o Entroido Choqueiro cun obradoiro de disfraces e merenda tradicional no Campo da Festa

ACoruñaXa
A festa será o sábado 14 de febreiro de 17.00 a 20.00 h con música e baile e entrada gratuíta para socios e de 5 euros para non socios
COIROS entroido choqueiro
27 Jan 2026

O Entroido tamén se vive con forza en Coirós. A Asociación Cultural, Deportiva e Recreativa de Veciñas e Veciños do municipio ten xa marcada no calendario a Festa do Entroido Choqueiro, que se desenvolverá o sábado 14 de febreiro de 2026 no Campo da Festa de Coirós, entre as 17.00 e as 20.00 h.

A xornada incluirá un obradoiro de disfraces pensado para toda a familia e completarase cunha merenda a base de chocolate e doces tradicionais, ademais de música e baile para poñerlle ambiente á tarde. A organización anima a achegarse caracterizado, sexa como choqueiro, zarralleir@, vixigheir@ ou como a cada quen lle preste.

A participación será de balde para as persoas socias e terá un custo de 5 euros para non socios. Ademais, haberá cantina durante o evento. A festa conta coa colaboración do Concello de Coirós.

⚙ Configurar cookies
0.078100919723511