Coiros celebra o Samaín cunha tarde de contos e música para a cativada

O Concello de Coiros anuncia unha xornada festiva de Samaín pensada para o público infantil. O venres 31 de outubro, entre as 17.00 e as 19.00 horas, o centro social converterase nun espazo de imaxinación e ritmo coa presenza do contacontos Caxoto e da formación musical Mamá Cabra, que ofrecerán dous espectáculos complementarios para gozar en familia.
A proposta está dirixida a nenas e nenos de ata 11 anos, establecéndose prioridade de acceso para os maiores de 4. No caso de que queden prazas libres, tamén poderán asistir menores de 4 anos acompañados dunha persoa adulta; recoméndase, en todo caso, formalizar a súa inscrición. As familias interesadas deberán cubrir o formulario habilitado polo Concello. A admisión realizarase por orde de rexistro ata completar aforo.